InicioSociedadeJavier Ferreiro, polbeiro: "Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán,...

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Amósase expectante polo tempo e pola repercusión nas obras de acceso ás casetas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir con familia e amigos, mercar e pasalo ben. Comeza o San Froilán! E como ben di Javier Ferreiro, polbeiro: “O San Froilán sen polbo non é San Froilán”. Leva 35 anos dedicándose a esta profesión, é lucense i este será o segundo ano cortando o pulpo durante estas festas patronais. A súa familia dedicábase ao metal e el comezou a traballar moi novo facendo extras nas feiras. “Pouco a pouco funme metendo a cortar pulpo e ata hoxe”, sinala. Coa súa empresa La Fiesta del Pulpo, tal e como indica o nome, leva o producto estrela da nosa gastronomía por toda España: “Montamos por moitas cidades en Cataluña, País Vasco, Madrid, con esta modalidade de caseta, con carpa grande, tamén levamos marisco. E chegamos a montar incluso en Estrasburgo”. 

A Javier gústalle a súa profesión, con todo o bo que ten e co malo, xa que ao final defínea como “sacrificada” polos horarios. “Traballamos cando a xente está de vacacións, por exemplo”, comenta e recoñece que con todo, segue porque lle gusta. Con toda a traxectoria e experiencia é primerizo no San Froilán, xa que este é o segundo ano que está nas súas mans que a xente coma polbo na caseta Nadela. 

A PREVISIÓN PARA ESTA EDICIÓN: AS OBRAS E O TEMPO

“O ano pasado tanto nós como a xente saímos moi contentos desta experiencia”, confesa Javier que sendo da cidade da Muralla coñece a moitos dos que pasan pola caseta. Conta que o cliente lucense amósase orgulloso de que haxa alguén de aquí poñendo polbo no San Froilán. A oportunidade veu da mán da caseta Nadela que confiou no seu traballo para estas datas. Así, repite este ano e agarda que sexa igual de bo que o anterior, pero amósase preocupado polas obras que corta un dos accesos á zona das casetas: “A xente ten que atravesar zona de moita afluencia ou o parque para chegar e tampouco teñen para aparcar nas proximidades e penso que nos vai condicionar”. 

De igual modo non perden vista do estado do ceo e son conscientes de que chega un río atmosférico cargado de choiva. “O tempo non está axudando moito i é algo que marca especialmente que a xente se anime e máis se ten que camiñar moito por mor das obras”, di e lembra que, precisamente, o ano pasado contaran con bo clima que repercutiu en ver a caseta chea “case todos os anos”. 

Nesta pulpería traballan preto de 30 persoas arreo polo San Froilán e picando o polbo serían seis persoas. “Trouxemos sobre 20 toneladas del polbo, nada que picar”, expón cun sorriso. A súa xornada comeza sobre a unha mediodía ata ás cinco e logo de oito a doce. “Este sábado a previsión é de non comer e facer desde a unha ata as dúas da mañá, sen parar, un día apoteósico”, manifesta. 

“O POLBO DO ANO PASADO ERA UN 90% GALEGO”

“Isto das casetas é algo único en España, son moitos anos de tradición”, destaca e ben o sabe porque lembra de toda a vida vir comer o polbo todos os anos e ten medio século. Hai cousas que non cambian e el estes dous anos está traballando, pero a familia non falta a esta tradición e vén comelo. O polbo ten diferentes procedencias, “algo de todo” e iso que o ano pasado “o 90% do polbo era galego”. Porén como este ano hai escaseza e son cantidades cuantiosas non é doado xuntalas. Entón ten polbo tanto de aquí “do bo, que tamén o hai malo” e de Marrocos. E que ten que ter ser bo? “Pois ten que comer marisco, ten que ser carnoso, ter sabor e que non mermen demasiado. Eu se puidera escoller quedaría co polbo da Costa da Morte porque ten bo sabor, coce bastante ben e pela algo máis que o de Marrocos, pero sen ser esaxerado”. 

E saíndo de Galicia como valora a xente o polbo? “A xente de aquí come máis e aínda que o teñen máis accesible sempre o valoran e os de fóra que xa non o comen habitualmente, pois tamén. De feito teño uns clientes que veñen de Huelva con toda a familia estes días ata aquí para comer polbo”. Durante estes meses previos, conta, que veciños lle preguntaban se ía volver por este San Froilán porque se acordaban do ano anterior: “Espero que desta volta sexa igual de boa, que saia todo ben e pode seguir vindo!”. 

ÚLTIMAS

CCOO denuncia a situación da xestión do persoal no Concello de Lugo con cartas a Sánchez, Díaz e Pontón

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo presentou este mércores na Subdelegación...

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...