InicioLugo e contornaLugoLugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto para dar resposta a diferentes necesidades en materia de prevención e seguridade ás diferentes continxencias que poidan sobrevir no futuro.

Segundo informou o Concello, o texto completo foi validado pola XGL e remitirano á Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta para ser informado antes da súa aprobación definitiva.

“Dispor desta ferramenta actualizada vainos a permitir coordinar de forma máis eficiente a servizos como Protección Civil, Bombeiros e Policía Local, entre eles e con persoal sanitario ou corpos e forzas de seguridade do Estado implicados nas intervencións”, sinalou a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos.

Este documento analiza os riscos de posibles emerxencias, valora as súas consecuencias e define os protocolos de acción e a estrutura organizativa de todo o persoal implicado.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...