InicioSociedadeUn operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Na parroquia de San Miguel de Neira de Rei, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 ao seu paso polo municipio lugués de Baralla.

O sinistro produciuse ás 13,30 horas deste xoves á altura do quilómetro 461 da autovía en sentido Madrid, na parroquia de San Miguel de Neira de Rei, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

O operario foi alcanzado por un camión nunha zona onde se realizan traballos na vía. Ata alí mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para atender ao ferido, que se atopaba accesible.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...