InicioLugo e contornaLugoConvenio entre Xunta e Concello de Lugo para a recuperación do Pazo...

Convenio entre Xunta e Concello de Lugo para a recuperación do Pazo de Dona Urraca e a súa contorna

A finais deste ano, a Xunta convocará un concurso de ideas para a redacción do plan especial e a redacción dos proxectos de rehabilitación, obra nova e edificación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta e o Concello de Lugo asinaron este martes o convenio urbanístico para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca en Lugo, e para a mellora da ordenación neste ámbito, que impulsará a rehabilitación da Tinería.

Segundo informou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou que, coa firma deste acordo, dáse “un paso máis para continuar” coa restauración da “beleza” do barrio histórico de Lugo.

A finais deste ano, a Xunta convocará un concurso de ideas para a redacción do plan especial e a redacción dos proxectos de rehabilitación, obra nova e edificación, tanto do ámbito UI8, como do Pazo e as casas lindeiras.

Pola súa banda, o Concello expropiará as edificacións e parcelas que se inclúen no plan especial e que non son titularidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Segundo explicou Martínez Allegue, unha vez que a Xunta teña á súa disposición os terreos, cos proxectos xa redactados, licitarase a execución das obras.

ENTREGA DE CHAVES

A conselleira informou sobre a firma deste convenio durante o acto de entrega das chaves de dúas vivendas destinadas a aluguer social na cidade, e que “simboliza o compromiso da Xunta co acceso, para todas as familias, a unha vivenda digna”.

A Xunta disponde de 364 vivendas na cidade de Lugo destinadas a aluguer e, segundo sinalou Martínez Allegue, o goberno autonómico seguirá construíndo novas vivendas, tanto en Garabolos como noutras parcelas, unha vez que o Concello ceda o chan.

Así, en Garabolos construiranse 146 vivendas en dúas parcelas e, en ambos os casos, xa está adxudicada a redacción do proxecto e a dirección de obra.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica...