InicioSociedadeLugo acolle o IV Encontro Educativo nun espazo "de profes para profes"

Lugo acolle o IV Encontro Educativo nun espazo “de profes para profes”

O evento procura impulsar a innovación educativa por "outra educación posible" e terá lugar no hotel Torre de Núñez

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ser docente implica estar nunha continua aprendizaxe e cheo de inquedanzas, que se levan mellor en conxunto. “Precisabamos un espazo onde compartir o que nos quitou a pandemia e todo aquelo que nos remexía por dentro”, expón Ana Lorenzo, mestra e unha das catro persoas que forman a Comisión Organizadora do IV Encontro Educativo. Terá lugar este día 29 no hotel Torre de Núñez. Consiste nun evento onde impulsan a innovación educativa e o intercambio de ideas e que fundou Ana xunto a Patricia Fernández na pandemia: “Nese momento tiñamos que estar na casa, creáronse moitas contas educativas de Instagram e comezamos a ter relación e compartir experiencias. Unha vez rematou, tiñamos a necesidade de atopar un espazo onde poder xuntarnos e acadar esa desvirtualización”. 

Así, no verán de 2021, coas medidas menos restrictivas, decidiron xuntarse na Laracha unhas 40 persoas no I Encontro Educativo. Gustou e tivo éxito polo que decidiron organizar un segundo no que duplicaron as prazas e chegaron a ser 80 persoas. “Creouse pola necesidade de reencontrarnos todos os anos, e viaxar polas catro provincias galegas, de maneira que, agora pechamos o ciclo en Lugo, co IV Encontro Educativo”, recoñece Ana. Ante a resposta, tiveron que pedir axuda e introducir novas persoas colaboradoras porque organizar algo así leva un ano. No que atinxe ao perfil de asistentes “teñen de todo”, pero sobre todo docentes: “Gústanos dicir que é un evento organizado por profes en activo e para profes”. Enumera que veñen mestres de Educación Infantil, Primaria, oposicicións, carreiras, equipos directivos, responsables de academias, e incluso pais ou nais que buscan saber sobre certos temas.

“Desta volta fixemos sold out e calculamos que haberá 105 persoas en total, entre asistentes, poñentes e organización”, estima e conta que na primeira remesa agotaron as 70 prazas en 48 horas e sacaron 16 máis, que se agotaron en dúas horas. “Temos seis obradoiros de temas como prácticas resolutivas, disciplina positiva, o papel do xogo, a metodoloxía DUA (Deseño Universal para a aprendizaxe)… Temos en conta suxerencias do Encontro anterior para os talleres”, comenta e fai fincapé nas dúas conferencias que versarán “sobre o xogo” e a importancia de “aprender xogando dentro do movemento libre”. 

“OUTRA EDUCACIÓN POSIBLE”

O Encontro caracterízase por poñer en valor as metodoloxías innovadoras e afastarse da eduación tradicional. Así o expón: “Todos temos en mente a idea do profesor dando unha lección maxistral escribindo na pizarra, pero nos queremos que o alumnado sexa o protagonista da súa aprendizaxe. Para iso precisamos ter as ferramentas necesarias e falamos de revolución pedagóxica que engloba outra educación posible”. Nesta liña, destaca que os estudos de neurociencia avalan que os nenos aprenden doutra maneira e como docentes deben facilitar as tarefas. Por iso neste evento hai espazos nos que un pode relacionarse entre asistentes e incluso cos poñentes, que son do máis accesibles.

Neste sentido fai referencia a que os currículos de Educación Primaria e Infantil aquí en Galicia teñen escasos dous anos e que xa falan desta metodoloxía onde o alumnado é protagonista. “O xogo ten un valor primordial e xa está recollido, pero as veces pasa que nos faltan estratexias e ferramentas para pór isto en práctica”. A xuntanza permitirá de maneira práctica adquirir competencias para levar as cousas claras e aplicalas o día 2 de setembro nas aulas. Esta visión vai na mentalidade de cada docente, independentemente da idade, segundo expresa, e a aprendizaxe é constante e non cesa. Como punto diferencial: “Este ano o encontro é homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado. As prazas agoráronse igual sen que a xente o tivese confirmado porque se demanda e houbo resposta”. 

Como afrontan o novo curso? “Queremos continuar coa revolución pedagóxica porque cada vez hai máis xente que quere outro tipo de educación e buscar espazos para conectar. O que suceda no Encontro debe ter continuidade e traducirse en tecer unha rede que todas necesitamos. Falo en feminino porque somos máis mulleres ca homes neste campo”.

ÚLTIMAS

Fabiola García destaca en Lugo o papel das viúvas galegas como referentes no asociacionismo feminino

A cidade de Lugo acolleu este sábado o 48º Congreso da Asociación de Viúvas de Galicia, unha...

A Garda Civil detén en Lugo un implicado nunha rede internacional de tráfico de especies protexidas

Un home foi detido en Lugo no marco da operación Namib, un dispositivo a gran escala desenvolvido...

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...