Home Sociedade Investigan un veciño de Meira por realizar obras sen licenza nunha urbanización de Lugo

Investigan un veciño de Meira por realizar obras sen licenza nunha urbanización de Lugo

0
Investigan un veciño de Meira por realizar obras sen licenza nunha urbanización de Lugo
Obras sen licenza nun chalé das Regas, en Lugo. GARDA CIVIL

Un veciño de Meira permanece investigado pola Garda Civil por un presunto delito contra a ordenación do territorio ao realizar obras sen licenza administrativa.

Segundo informou este martes o Instituto Armado, o investigado realizou uns traballos de construción nunha vivenda situada na urbanización das Regas, no municipio de Lugo.

As pescudas determinaron que as obras non contaban cos permisos administrativos. Ademais, o informe técnico do departamento de urbanismo do concello determinou que os traballos feitos non poden ser legalizados a posteriori.

Por tanto, a Garda Civil atribúe ao responsable da vivenda un delito contra a ordenación do territorio nunhas dilixencias que foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Lugo.

+ posts