InicioSociedadeAbsolta a parella acusada de provocar un incendio que calcinou 18 hectáreas...

Absolta a parella acusada de provocar un incendio que calcinou 18 hectáreas en Cervantes

A Audiencia Provincial non aprecia "imprudencia grave" nos feitos e revoga a súa condena de dous anos de prisión e 111.000 euros de multa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo decretou a absolución dunha parella acusada de provocar un incendio forestal cunha grellada que calcinou en 2019 18,5 hectáreas de terreo en plena Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Os feitos tiveron lugar no termo municipal de Cervantes o 13 de agosto de 2019, fai exactamente cinco anos. A parella atopábase entón efectuando unha grellada a nivel do chan, nunha estancia que carecía de asador de obra con cheminea, nunha leira da súa propiedade. As pavesas xeradas foron proxectadas polo vento a un terreo lindeiro, cheo de vexetación seca, desde onde comezou a propagarse o lume. O monte ardeu durante dous días e 185.000 hectáreas de terreo protexido resultaron calcinadas.

Os dous integrantes da parella foron condenados en primeira instancia polo Xulgado do Penal número 1 de Lugo a unha pena de dous anos de cárcere e ao pago dunha multa de 111.000 euros en concepto de responsabilidade civil como autores criminalmente responsables dun delito de incendio imprudente.

Pero os maxistrados da Audiencia Provincial, con todo, decidiron estimar no seu fallo o recurso de apelación interposto polos acusados ao entender que a grellada “cumpría con todos os requisitos esixidos administrativamente” e que os denunciados “non abandonaron a fogueira en ningún momento”.

UNHA “IMPRUDENCIA LEVE”

Non é na descrición dos feitos probados senón no tipo de imprudencia cometida polos acusados onde o Tribunal difire coa sentenza promulgada polo Xulgado do Penal, xa que a diferenciación entre unha imprudencia grave e unha imprudencia leve, sinalan os xuíces da Audiencia no seu fallo, “radica na intensidade da infracción do deber de coidado”.

Unhas tarefas de coidado que, a xuízo dos maxistrados, os acusados si que mantiveron ao estar rodeada a grellada “de tres paredes de formigón”, ao non descoidar o lume en ningún momento e ao contar con elementos de prevención ao seu alcance, como unha mangueira que tamén resultou calcinada polas chamas.

“Adoptáronse medidas de precaución aínda que estas resultasen insuficientes ou ineficaces, o que impide considerar a conduta dos acusados como constitutiva de imprudencia grave”, recolle a sentenza, que cualifica de “imprudencia leve penalmente atípica” a actuación dos acusados, ditando a súa absolución.

ÚLTIMAS

O SLG alerta das xubilacións masivas en granxas e pide axudas para novas incorporacións e plans de mellora

Responsables do Sindicato Labrego Galego concentráronse este mércores en Lugo, diante do edificio da...

Traballadoras de residencias privadas mobilízanse en Lugo en demanda dun convenio digno

O persoal das residencias privadas de Galicia continúa coas súas mobilizacións en demanda dun...

O Concello de Lugo concede máis de 250 licenzas de obra en 2024 por máis de 100 millóns de euros

O Concello de Lugo tramitou en 2024 un total de 256 licenzas de obra,...

Investigan un veciño de Cervantes por vender sen autorización madeira dun monte comunal

Un veciño do municipio lugués de Cervantes figura como investigado pola Garda Civil por...