InicioSociedadeLugo contará cun cemiterio de mascotas con capacidade para 320 animais

Lugo contará cun cemiterio de mascotas con capacidade para 320 animais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente da alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que este mércores o goberno local aprobará o inicio do procedemento para construír un cemiterio destinado a mascotas na contorna do actual cemiterio municipal, nunha parcela anexa duns 800 metros cadrados de extensión e con capacidade para 320 animais.

O novo espazo, explicou a Tenencia de Alcaldía, será pechado perimetralmente, e a zona interior será axardinada e contará con bancos e elementos que permitan crear un espazo íntimo para o recordo dos animais falecidos. Así mesmo, terá espazos para gardar as urnas dos animais incinerados, xunto a unha zona para gardar a chapa ou a cadea do animal. A esta actuación, o Goberno local destinará 151.154 euros. Realizarase priorizando o uso de materiais naturais e usará deseños respectuosos coa contorna.

320 MASCOTAS

O cemiterio contará cunha capacidade inicial de 320 mascotas en columbarios individuais para urnas, xunto cun espazo onde depositar cinzas. Ademais, haberá zonas de sombra ao plantarse 19 árbores en toda a área. A edil de Participación, Cristina López, destacou que o Executivo municipal leva meses traballando neste servizo que, avanzou, “permitirá atender a unha proposta que os veciños levan tempo reclamando”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...