InicioSociedadeGalicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende...

Galicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende 2020

Sanidade chama ao calma pero iniciará unha campaña de envío de SMS ás familias con nenos que non completasen a vacinación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade reforzou a vixilancia contra o sarampión despois de detectar que repuntes noutros países, onde a vacinación está menos xeneralizada, están a chegar a outras partes do Estado. En Galicia, non se detectaban casos desde 2020 e este ano localizáronse dous, concretamente na área de Lugo: un importado e un segundo que se contaxiou do primeiro.

A xefa do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles de Sanidade, Susana Mirás, fai un chamamento á calma pero si pon o foco en que o sarampión é unha “enfermidade a eliminar” e, por iso, reforzáronse as medidas de prevención fronte a ela. Por isto mesmo, a Dirección Xeral de Saúde Pública decidiu enviar ao longo do verán SMS ás familias de nenos que teñen doses pendentes da vacina. E é que se detectou que, despois de anos nos que a cobertura se aproximou ao 95% que marca a Organización Mundial da Saúde, baixou entre os menores nados en 2019 ao 92,9% e entre os do 2020 ao 89,9%.

AUMENTO XENERALIZADO

Isto ocorre nun contexto de aumento xeneralizado de casos “a nivel mundial e europeo”, sobre todo en países con índices máis baixos de vacinación, tal e como explica a Europa Press Susana Mirás. Así, Sanidade detectou este 2024 só dous casos, pero son os primeiros en catro anos. “Pero non hai unha situación de alarma”, engade.

Noutras comunidades autónomas hai “algún caso máis” debido á chegada de cidadáns estranxeiros para traballar como temporeros, asegura a xefa do Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...