InicioA UlloaPalas de ReiSociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización do proxecto de celulosa de Altri para Palas de Rei, en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización do proxecto de celulosa de Altri para Palas de Rei, en Lugo.

Segundo explican, trátase dun novo exemplo de “maquillaxe verde” do ‘sector eucalipto-celulosa’ de Galicia. “As fábricas de celulosa de Ence en Pontevedra e Navia — cunhas capacidades de produción de 515.000 e 685.000 t/ano, respectivamente — son responsables directas de que o 28% do terreo forestal de Galicia estea cuberto por eucaliptos (409.000 ha, segundo o Inventario Forestal de Galicia de 2023”, esgrimen.

Aínda que aceptan que o proxecto incrementaría nun 33% a produción de celulosa de Galicia e a súa contorna inmediata, denuncian que “non se avalían en absoluto os seus efectos sinérgicos e acumulativos coas celulosas de Pontevedra e Navia sobre a eucaliptización imparable dos montes galegos e os seus enormes impactos nos ecosistemas terrestres e acuáticos (só, auga, flora, fauna, paisaxe e risco de incendios).

Critican tamén a localización da factoría, así como a cantidade de auga que utilizarían e a súa contaminación. Explican que o proxecto contempla captar 46.000 m3/día de auga do Ulla no encoro de Portodemouros (a bombear cun tubo de 12,5 km de lonxitude ata unha couta 200 metros máis elevada), un consumo neto de 16.000 m3/día (maior que o de todo Lugo cidade) e a vertedura de 30.000 m3/día.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...