InicioSociedadeVeterinarios de Lugo alertan do "risco vital" para mascotas que supón o...

Veterinarios de Lugo alertan do “risco vital” para mascotas que supón o novo decreto da Xunta sobre uso de medicamentos humanos

O Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de "risco vital" para mascotas e outros animais, como cabalos, tras a entrada en vigor este mes do Decreto 30/2024: "A un can que entre en parada cardíaca non podemos fornecerlle adrenalina sen que previamente llo pidamos á farmacia e, á súa vez, esta o solicite ao seu distribuidor".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Colexio de Veterinarios de Lugo advertiu de “risco vital” para mascotas e outros animais, como cabalos, tras a entrada en vigor este mes do Decreto 30/2024, de procedementos e controis para a subministración de medicamentos de uso exclusivamente hospitalario a profesionais deste sector.

Segundo o presidente do colectivo, José Luís Benedito, trátase dunha normativa “que, na súa concepción orixinal, resulta razoable xa que, evidentemente, é necesario que exista un control total sobre estes medicamentos de uso humano“. Non entanto, “a aplicación na Veterinaria vén derivada de que non hai alternativas específicas para animais que os substitúan“, de modo que “ese exhaustivo seguimento non pode ser nunca incompatible coa atención das urxencias que xurdan“.

Neste sentido, Benedito explica que “a esixencia dunha receita individualizada para cada paciente, así como a obrigatoriedade de refugar os restos que puidesen quedar dun uso previo impiden ás clínicas e hospitais veterinarios dispor de stock“, unha cuestión, sostén, “imprescindible” para atender urxencias “con garantías de poder salvar vidas de mascotas”.

Desta maneira, o representante dos veterinarios lucenses explica que “a un can que entre en parada cardíaca non podemos fornecerlle adrenalina sen que previamente llo pidamos á farmacia e, á súa vez, esta o solicite ao seu distribuidor”, o que supón “unha perda de tempo que, literalmente, pode resultar vital”.

MEDICAMENTOS

Esta situación, que tamén afecta a todos os medicamentos intravenosos inxectables, como o paracetamol, a furocemida, omeprazol intravenoso, midazolán, lidocaína ou outros tratamentos, implica unha incidencia sobre “medicamentos de uso común e aos que os compañeiros teñen que recorrer a diario”, sinala.

Non entanto, expón que hai apartados da normativa que lles parecen apropiados, “como a presentación de memoria de instalacións ou de equipamentos para utilizar tratamentos quimioterápicos“, sinala o presidente dos veterinarios lucenses, ao tempo que incide en que “en todas aquelas situacións programables, como pode ser, por exemplo, un tratamento de quimioterapia, este decreto non presenta maior problema”.

Tras a “preocupación” detectada no sector pola entrada en vigor deste decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo, a xunta directiva solicitará unha reunión ao novo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar cambios neste regulamento. “Entendemos que sexa necesario ese control e somos os primeiros interesados en que haxa un uso racional deste tipo de medicamentos, pero esa exhaustividade nunca pode vulnerar o noso dereito profesional a tratar nin tampouco o dos nosos pacientes a ser tratados“, conclúe o presidente dos veterinarios lucenses.

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...