InicioSociedadeBaleira, Cervantes e A Fonsagrada, os concellos da provincia máis afectados pola...

Baleira, Cervantes e A Fonsagrada, os concellos da provincia máis afectados pola neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

Baleira, Cervantes e A Fonsagrada foron os concellos da provincia de Lugo máis afectados pola neve con acumulacións, nalgún punto, duns 12 centímetros. Así o informou a Deputación de Lugo que, durante a xornada deste venres, reforzou o operativo para paliar os efectos da neve nos concellos da provincia afectados nas últimas horas. Con todo, cara ao mediodía quedou aberta a totalidade da rede viaria provincial tras unha mañá de intenso traballo que se concentrou, principalmente, na montaña.

Ademais, os efectivos tiveron que actuar nas vías do concello do Saviñao, que tamén estiveron afectadas pola neve. En concreto, o dispositivo, nesa zona, reforzouse con tres máquinas, 10 operarios e dous vehículos de apoio. En total, o equipo despregado estivo composto por 58 operarios e 37 máquinas e vehículos e dispuxeron dos 12 silos de sal da Deputación abastecidos con 35 toneladas cada un.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

A CHMS comeza a repoboación forestal en tramos de ríos da provincia de Lugo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...