InicioSociedadeA Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento de servizos mínimos dos bombeiros...

A Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento de servizos mínimos dos bombeiros de Viveiro e Vilalba por cuarto día consecutivo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo volve denunciar incumprimento dos servizos mínimos dos bombeiros dos parques dos municipios de Viveiro e de Vilalba. Nun comunicado, o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que dos catro efectivos previstos no cuadrante deste domingo en Viveiro, só se incorporaron dous, “incumpríndose así os servizos mínimos”.

En Vilalba, indican que se incorporaron tres traballadores, pero un deles “ausentouse para ir ao médico”, quedando así tamén dous efectivos no parque chairego. Ante esta situación, “e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible”, o Consorcio comunicou ao 112 que os dous efectivos de Viveiro desprazáronse a Vilalba para prestar servizo na xornada deste domingo, e que as incidencias do parque viveirense atenderanse desde Vilalba e Barreiros.

Este novo comunicado do goberno provincial sucede a outros tres emitidos desde o xoves nos que advertía ao colectivo de bombeiros, que está en folga indefinida desde o pasado mes de xuño, que acudiría á vía xudicial “de producirse algunha consecuencia”. Neste contexto, este mesmo venres, o comité de folga dos bombeiros comarcais enviou outro comunicado no que acusa á Deputación de “tentar condicionar o lexítimo dereito de folga” con estas “ameazas” e desvía a responsabilidade.

“Son os consorcios provinciais, non nós, os que non prestan os seus servizos, pois a responsabilidade de garantir os servizos mínimos é súa, a través dun persoal que poida traballar en condicións dignas, non de precariedade nin á conta de verse obrigados a facer horas extra”, afirma o comité.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...