InicioSociedadeSuspenden a vista contra a Casa da Muller de Lugo activada ao...

Suspenden a vista contra a Casa da Muller de Lugo activada ao denunciar a irmá dunha muller asasinada en Becerreá

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Lugo acordou suspender a vista sinalada para este martes 28 de novembro contra a Casa da Muller, tras unha denunciada interposta pola irmá dunha muller asasinada pola súa parella na localidade de Becerreá en 2016. Plataforma Feminista de Lugo apoiou no seu día a denuncia e confirmou que se suspendeu a vista prevista para este martes, acordándose un novo señalamento.

O adiamento débese, segundo indica, á baixa por enfermidade da traballadora social do centro. Lembra tamén que o procedemento se activou ante a denuncia de Martina Gómez Nieto, quen advertiu do suposto funcionamento “anómalo” do centro na atención prestada á súa irmá na mañá do 11 de febreiro de 2016. A muller foi asasinada o seu marido, alias ‘Chamaco’, ese mesmo día pola tarde en Herbón, en Becerreá.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica...