InicioTerra CháMurasVentos de máis de 120 km/h en Muras

Ventos de máis de 120 km/h en Muras

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lucense de Muras rexistrou ventos superiores aos 120 quilómetros por hora na mañá deste sábado. En concreto, ás 10,10 horas, na estación do Xistral alcanzáronse refachos de ata 121,2 km/h.

Aínda na costa, O Penedo do Galo, en Viveiro, alcanzou o 114 km/h ás 08,00 horas, mentres que a estación de Punta Candieira, en Cedeira, o 107,7 km/h.

No interior de Galicia, Carballeda de Valdeorras rexistrou ventos de 118 km/h e Cervantes de ata 88,0 kilómetros por hora.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén activo un episodio meteorolóxico adverso no mar que afectará a toda a costa da comunidade galega. Esta alerta, de nivel laranxa, traerá fortes ventos (forzas 7 e 8) e ondas que poden alcanzar o sete metros de altura.

Ademais, segundo Meteogalicia, durante esta xornada Galicia estará baixo a influencia da borrasca Celine, situada ao suroeste de Irlanda que deixará unha situación de temporal en terra e mar, especialmente na segunda metade do día.

Así, mantén un aviso amarelo por choivas en todo o territorio, mentres que ascende a laranxa por vento e ondas en todo o litoral.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...