InicioLugo e contornaLugoO PP renuncia á comisión do San Froilán: "Non son as nosas...

O PP renuncia á comisión do San Froilán: “Non son as nosas festas”

Din sertirse "ninguneados" polo grupo de goberno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe un escrito comunicando ao bipartito que se retira da Comisión de Festas do San Froilán. O concelleiro popular Javier Vázquez explica que deixan este órgano porque non se sinten representados nel.

Así, na misiva denuncia que se disfraza baixo a apariencia dunha comisión un “ordeno e mando”. “Non é unha comisión é unha sumisión xa que se utiliza este foro para informar dunha programación que xa teñen decidida con antelación. Aos dous días de xuntarnos desvelan nos medios de comunicación actuacións e actividades que nin mencionaron na xuntanza do luns”, denuncian os populares.

Tamén critican o “o ninguneo permanente do bipartito” porque non atendeu ningunha das súas proposta só a do pregoeiro e din que o PSdeG boicotea o San Froilán  contraprogramando e apostando polo Caudal Fest.

“Non son as nosas festas. Non nos sentimos representandos nun programa no que hai moito de improvisación e  irregulariedades en contratacións como a maquetación, edición e impresión de programas das festas cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e por iso se paga con reparo de legalidade”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

Trasladan ao hospital unha persoa ferida tras unha saída de vía

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía no Corgo. Os bombeiros tiveron que...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...