InicioSociedadeDenuncian o "incumprimento" dos cocientes de traballadoras na residencia de maiores de...

Denuncian o “incumprimento” dos cocientes de traballadoras na residencia de maiores de Vilalba

Censuran "as graves dificultades que están a ter para poder levar adiante unha correcta atención"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vogal do Sindicato Labrego Galego no Consello de Benestar Social, Margarida Prieto, denunciou o “incumprimento” dos cocientes de traballadoras na residencia de maiores de Vilalba, xestionada pola Fundación Hospital Asilo, ademais de mostrar o seu apoio ás demandas do persoal.

Segundo informa, as mesmas entregaron un escrito dirixido á alcaldesa por ser o concello parte do padroado da Fundación, así como á Inspección de Traballo. Fixérono “para denunciar as graves dificultades que están a ter para poder levar adiante unha correcta atención ás persoas residentes”.

O sindicato lembra que, en abril de 2021, “despois de recibir queixas de persoas usuarias da residencia de maiores” denunciaron “a falta de persoal e o incumprimento dos cocientes regulados na normativa de centros de servizos sociais”.

“A día de hoxe, dous anos despois, as traballadoras denuncian que seguen incumpríndose os cocientes requiridos pola lei de servizos sociais, tendo en conta que non se cobren as ausencias”. “Na actualidade hai aproximadamente 157 residentes repartidos en seis pavillóns e, nalgúns deles, hai ata 30 residentes e só unha persoa traballadora na quenda de mañá”, cita como exemplo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...