InicioSociedadeA CIG presenta conflito colectivo contra a adxudicataria do servizo de limpeza...

A CIG presenta conflito colectivo contra a adxudicataria do servizo de limpeza no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

A CIG presentou conflito colectivo contra a empresa Serveo, adxudicataria do servizo de limpeza do Hospital Lucus Augusti (HULA), “polos incumprimentos en materia de subida salarial“, sinala a central sindical.

Nun comunicado, indica que “a día de hoxe, a empresa aínda non abonou a unha parte das súas traballadoras e traballadores o 1,5% de incremento salarial adicional aprobado para o persoal do sector público”.

Respecto diso, explica que o persoal do servizo de limpeza do HULA “a pesar de estar externalizado, ten equiparadas as súas condicións salariais aos do grupo E do Sergas e, por tanto, teñen dereito a percibir o mesmo incremento que se acorde para o persoal empregado público“.

A CIG explica que se dirixiu por escrito a Serveo demandando o citado pago, pero asegura que só obtivo “silencio”. A central nacionalista entende que esta actuación supón “unha clara discriminación” polo que acordou presentar este conflito colectivo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...