InicioSociedadeOs residentes dos centros de maiores de Lugo vestiranse con traxes tradicionais...

Os residentes dos centros de maiores de Lugo vestiranse con traxes tradicionais para celebra o Día Da Muller

Así mesmo, elaborarán uns broches en forma de sombreiro que simbolizan o que cargan as mulleres na sociedade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, unha iniciativa que forma parte do modelo asistencial implantado nas residencias pola institución provincial en colaboración cos concellos e que ten como un dos obxectivos centrais a plena integración dos usuarios e usuarios na vida social e cultural do concello no que residen.

Os maiores vivirán unha xornada especial, pois vestiranse con traxes tradicionais galegos cedidos polo Centro de Artesanía e Deseño da institución provincial. O Servizo de Audiovisuais da Deputación encargarase de fotografalos con esta vestimenta típica, coa que contarán e repasarán a súa historia e a evolución da sociedade en canto aos dereitos e a igualdade das mulleres. Cada centro contará cun día para conmemorar o 8 de marzo dende este luns e ao longo do mes de marzo.

Así mesmo, os residentes elaborarán uns broches en forma de sombreiro que simbolizan o que cargan as mulleres na sociedade. As pezas serán entregadas na contorna dos centros de maiores, como colexios, tendas ou centros de saúde para dar visibilidade á súa participación no Día da Muller.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...