InicioSociedadePiden tres anos de cárcere para un veciño de Vilalba que provocou...

Piden tres anos de cárcere para un veciño de Vilalba que provocou un incendio forestal en 2017

O Penal número 1 de Lugo tamén acollerá este xoves outro xuízo contra outro home acusado de causar un incendio forestal, aínda que neste caso de forma involuntaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado do Penal número 1 de Lugo acollerá este xoves o xuízo contra un veciño de Vilalba que, en 2017, prendeu lume a unha ladeira, causando un incendio forestal que calcinou máis de cinco hectáreas de terreo. Fiscalía pide para el tres anos de prisión.

En concreto, segundo recolle o escrito do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar o 27 de xuño de 2017 no lugar de Ceerracín, na parroquia de Xermade, cando o home, por motivos que se descoñecen, prendeu lume á marxe dereita da estrada que vai de Vilalba a Momán.

O incendio propagouse, calcinando unha superficie de 5,58 hectáreas, das cales case a totalidade foron de monte raso. Ademais da superficie queimada, resultaron afectados varios propietarios de parcelas lindeiras, aínda que só un pide unha indemnización polos feitos.

A acción directa do lume causou danos na liña telefónica situada na estrada LUP-6513 por valor de 2.848 euros e os gastos de extinción ascenderon a 857,75 euros.

O fiscal considera ao home autor dun delito doloso de incendio forestal, e pide para el tres anos de multa, así como unha multa a razón de seis euros ao día durante quince meses. Tamén deberá compensar con 400 euro ao veciño afectado e a Telefónica e a Xunta polos danos na liña e o operativo de extinción.

Por outra banda, o Penal número 1 de Lugo tamén acollerá este xoves outro xuízo contra outro home acusado de causar un incendio forestal, aínda que neste caso de forma involuntaria. O terreo queimado, en Pedrafita do Cebreiro, foi de 0,01 hectáreas e, segundo recolle o escrito, os danos causados en parcelas lindeiras están valorados en 1 euro. Piden para el oito meses de prisión.

ÚLTIMAS

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...

A Deputación de Lugo súmase á reclamación da descentralización de Medicina: “Non só para Vigo e Coruña, para Lugo tamén”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reclamou a participación de Lugo no...

Avance de cartel do Caudal Fest 2026

O 'Caudal Fest', evento que segue en ascenso ata posicionarse como o terceiro festival...

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...