InicioA UlloaMonterrosoA Feira de Santos en Monterroso reunirá máis de 20.000 persoas

A Feira de Santos en Monterroso reunirá máis de 20.000 persoas

Serán uns 850 postos de venda os que se reunirán nunha feira que recupera a normalidade tras dous anos marcados pola pandemia, polo que as expectativas de afluencia son altas. "Esta é a feira das feiras", aseverou a alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lugués de Monterroso prepárase para a súa tradicional Feira de Santos, coñecida como a “feira das feiras”, á que se prevé que acudan este ano máis de 20.000 persoas.

A rexedora do municipio, Rocío Seijas, manifestou este venres que as previsións “son moi boas” por “a cantidade de xente que está a chamar, mesmo autobuses, para asistir á feira”.

Serán uns 850 postos de venda os que se reunirán nunha feira que recupera a normalidade tras dous anos marcados pola pandemia, polo que as expectativas de afluencia son altas. “Esta é a feira das feiras”, aseverou a alcaldesa.

As actividades comezan o luns 31 de outubro, aínda que serán “moitos” os feirantes que chegarán o día anterior porque a loxística para 850 postos “require que veñan o día anterior”.

En edicións anteriores, a cantidade de visitantes aproximouse aos cen mil, nun concello de pouco máis de 3.500 habitantes.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...