InicioSociedadeAberto o prazo en Lugo para participar no concurso en TikTok contra...

Aberto o prazo en Lugo para participar no concurso en TikTok contra a trata e a explotación sexual de mulleres

O obxectivo é "potenciar a reflexión e a concienciación sobre a igualdade e contra a explotación sexual"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concurso en TikTok para sensibilizar sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual organizado polo Concello de Lugo abriu o seu prazo de inscrición. Así o anunciou a concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso.

Segundo informou o consistorio nun comunicado, este certame ten como obxectivo “potenciar a reflexión e a concienciación sobre a igualdade e contra a explotación sexual e tráfico de mulleres a través da actividade creativa”.

TikTok foi o soporte elixido debido á “facilidade de creación dos vídeos que proporciona” e “por ser unha das redes sociais favoritas dos mozos”. A convocatoria conta con dous premios, de 200 e 100 euros. A participación, que é gratuíta e en liña, estará aberta ata o próximo 23 de setembro de 2022, coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres. As persoas gañadoras daranse a coñecer o día 30 deste mes.

CONDICIÓNS

Os vídeos que se presenten, segundo explicou a organización, “deben abordar calquera tema que concierna á loita pola igualdade e faga visible a explotación sexual e o tráfico de mulleres”.

En canto ao xurado, estará formado por representantes do Concello de Lugo, a Casa da Muller e personalidades do sector audiovisual, entre outros. A duración máxima das obras será dun minuto e “é imprescindible que a conta da rede social sexa pública”. Poden participar todas aquelas persoas que “residan, traballen, estuden ou nacesen en Lugo, maiores de 14 anos” e “non serán admitidas pezas con linguaxe xenófoba, machista, racista, violento ou de incitación ao odio”.

Para Silvia Alonso o obxectivo desta iniciativa é “que a cidadanía ofreza a súa versión” sobre este problema que segundo o informe de 2020 elaborado pola Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC) o 65% das vítimas detectadas son mulleres.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...