InicioSociedadeA Deputación de Lugo adxudica equipamento para a residencia de Ribas de...

A Deputación de Lugo adxudica equipamento para a residencia de Ribas de Sil por máis de 170.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou adxudicar equipamento para a residencia de Ribas de Sil por máis de 170.000 euros.

En concreto, trátase de dous dos cinco lotes do contrato para a subministración de material ao centro, correspondentes a mobiliario xeral e cortinas, mentres que a dotación restante –equipos médicos, lavandaría e cociña, entre outras– adxudicaranse en próximas semanas.

Seguimos dando os pasos necesarios, en tempo e forma, para poder cumprir co compromiso de abrir esta residencia neste ano 2022″, explicou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera.

O investimento total de equipos no centro de Ribas de Sil ascenderá a 332.00 euros. De tal forma, ao final do mandato, a Deputación de Lugo contará con nove centros públicos de maiores en funcionamento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...