InicioSociedadeVolve o Arde Lucus co obxectivo de ser declarada Festa de Interese...

Volve o Arde Lucus co obxectivo de ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional

Hai máis de 400 actividades programadas para os catro días de celebracións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Arde Lucus, que cumpre este ano 21 edicións, celebrarase do 9 ao 12 de xuño envorcándose agora o Concello de Lugo en conseguir que sexa declarada “Festa de Interese Turístico Internacional”.

Dous anos despois, a festa de recreación do pasado romano e castrexo recupera a presencialidade tras a pandemia, polo que a rexedora municipal, Lara Méndez, confesou que espera “unha festa co mesmo esplendor que tivemos antes”.

Méndez puntualizou que “agora o que queremos é dar ese salto cualitativo e cuantitativo e queremos conseguir que sexa declarada festa de Interese Turístico Internacional, un distintivo que nos sitúe no plano internacional”.

No “ámbito económico” xa se advirte a forza deste Arde Lucus, ao superarse “o 90% de ocupación hoteleira, que non só afecta o concello de Lugo, senón tamén a localidades limítrofes”.

Son máis de 400 as actividades programadas para ese catro días, “ao redor de cen cada día”. “Son actividades para todos os gustos e para todas as sensibilidades”, presumiu a rexedora.

Lara Méndez convidou a “participar de citas tan emblemáticas e tan consolidadas como o desfile na muralla, o circo romano, o desfile dos colexios, o desfile das gaitas e outras novas como a proxección en 5D na Mosquera para recrear como era a muralla antigamente, de dous pisos“. “Isto permitiranos facer unha viaxe no tempo”, subliñou a alcaldesa.

En total son 19 asociacións, nove romanas e dez castrexas, que irán instalando os campamentos por distintos puntos da cidade. Este ano, o domingo 12 para o peche do Arde Lucus inclúese a actuación de Tanxugueiras.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...