InicioLugo e contornaCastroverdeDous veciños de Castroverde emprenden estrada a Polonia para traer refuxiados da...

Dous veciños de Castroverde emprenden estrada a Polonia para traer refuxiados da guerra

A idea destes lucenses é chegar este mércores ao mediodía á fronteira Medyka e alí ofrecer a súa axuda para traer a oito persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous veciños de Castroverde emprenderon unha viaxe en senllos coches cara á fronteira de Polonia con Ucraína para ofrecer a oito persoas vir a Galicia por mor da invasión rusa, que este xoves cumprirá unha semana.

A idea destes lucenses é chegar este mércores ao mediodía á fronteira Medyka e alí ofrecer a súa axuda para traer a oito persoas. Aínda que non pecharon ningunha acción concreta con ningunha ONG, Héctor Pérez, o veciño de Castroverde que recrutou a un amigo para facer esta viaxe de ida e volta, informouse a través dunha irmá que traballa en servizos sociais de Madrid e cun contacto coa comunidade ucraína en España.

“Son moi susceptible con este tema”, recoñeceu a Europa Press Héctor Pérez, quen asegurou que o detonante foi o caso da nena de seis anos falecida nun hospital de Mariupol. Así, pensou que aínda que era “arriscado”, tiña que “facer algo”, idea na que atopou a Paulo Ribeiro.

Para Héctor Pérez, “calquera persoa que tivese catro días faría o mesmo”. “Son 800-900 euros cada un, non estamos tan lonxe”, manifestou, e animou a que quen dispoña deste tempo e poida asumir ese gasto, tamén secunde esta iniciativa. Á primeira hora da tarde deste martes, separábani 1.700 quilómetros para o seu destino, onde espera que poida ofrecer o refuxio da súa propia casa –na que ten dúas habitacións dispoñibles–.

Ademais, indicou que se puxo en contacto co alcalde da súa localidade, quen en declaracións a Europa Press confirmou que mantivo unha conversación con este veciño, cando xa pasara Irún, e quen asegurou que na medida das posibilidades do Concello ofrecerase axuda.

“VALENTÍA”

Así, o rexedor de Castroverde, Xosé María Arias, eloxia a “valentía” deste veciño, pero tamén lembra que foi unha acción “espontánea” que o colleu dun momento para outro, polo que non ten preparada unha resposta humanitaria neste momento no concello. Fundamentalmente, as persoas refuxiadas son mulleres e crianzas, que teñen tres anos para poder residir na Unión Europea sen problemas de mobilidade.

Héctor Pérez destaca que aínda que moita xente non puido acompañalos nesta saída en coche, ofrecéronlles “diñeiro, roupa e aloxamento”. “Está a apoiarnos moita xente”, destacou, en referencia ao grupo da rede social Facebook que reúne lucenses. Este veciño, que noutro tempo da súa vida xa participou noutras accións solidarias, recoñece que aínda que non dubidou en saír, viaxan con certo “medo”, porque son “consciente” da situación.

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...