InicioSociedadeUn xulgado de Oviedo continuará cunha das investigacións de Pilar de Lara...

Un xulgado de Oviedo continuará cunha das investigacións de Pilar de Lara sobre narcotráfico

O TS outorga a un xulgado de Oviedo a competencia para investigar a trama de branqueo derivada da Operación Cebra, na que está implicado o ex alcalde de Ribadumia Nené Barral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Penal do Tribunal Supremo ditou auto para dirimir a cuestión de competencias exposta polos xulgados de instrución de Lugo e de Oviedo sobre a investigación dunha trama de narcotráfico, branqueo e outros delitos, vinculada coa chamada Operación Cebra, e resolveu que a competencia corresponde ao xulgado asturiano.

O conflito competencial xurdiu por mor dunha peza separada da investigación chamada Operación Cebra, coordinada polo xulgado de instrución 1 de Lugo. Nesta primeira investigación (por narcotráfico, branqueo, e outros delitos) apuntábase a varias persoas, entre elas ao exalcalde de Ribadumia, Nené Barral, ou ao asturiano, José C.P., con antecedentes por narcotráfico.

A partir de dita instrución, a xuíza de Lugo (entón Pilar de Lara) abriu unha peza separada para investigar outra trama derivada da primeira, e na que tamén se apuntaron indicios de delitos de tráfico de drogas, branqueo de capitais, de asociación ilícita, e delitos fiscais.

A instrutora, no entanto, inhibiuse en favor do xulgado de instrución 4 de Oviedo, ao entender que as persoas que dirixían esta trama non só tiñan o seu domicilio nesa cidade, senón que as actividades criminais eran coordinadas, planificadas e dirixidas desde Asturias.

Mentres, o xulgado de Oviedo rexeitou a competencia, alegando que a única vinculación de dita trama con este territorio era o domicilio do xefe e a súa parella, polo que se suscitou un conflito competencial, no que a Fiscalía apoiou os argumentos do xulgado lucense.

Agora o Tribunal Supremo ditou un auto no que resolve que “o núcleo da actividade delituosa” tiña lugar en Oviedo, “e ningunha en Lugo capital”, polo que acordou outorgar a competencia da investigación ao xulgado de instrución 4 de Oviedo. Contra esta disposición non cabe recurso.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...