InicioSociedadeA provincia de Lugo rexistra 60 novos contaxios nas últimas 24 horas

A provincia de Lugo rexistra 60 novos contaxios nas últimas 24 horas

En toda Galicia houbo máis de mil novos casos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A evolución da pandemia de Covid en Galicia segue sumando casos nesta sexta onda e, tras máis de mil novos contagios, hai 12.221 persoas coa enfermidade activa, das que 292 permanecen hospitalizadas (49 en Unidades de Coidados Intensivos), e outras 11.929 recupéranse nos seus domicilios.

Así se reflicte no informe feito público este luns pola Consellería de Sanidade, con datos recollidos ata as 18,00 horas do domingo, e no que figuran 12.221 casos activos de Covid-19, 569 máis que o día anterior. Segundo o devandito informe, nas últimas 24 horas rexistráronse 1.070 contaxios novos, e os casos activos incrementáronse en todas as áreas sanitarias.

Así, os casos aumentan na área sanitaria de Lugo, onde hai 749 contaxios de Covid, tras 60 novos contaxiados.

HOSPITALIZADOS

presión hospitalaria en Galicia tamén se incrementou nas últimas horas, con 18 persoas máis ingresadas en unidades convencionais, ata un total de 243. Nas Unidades de Coidados Intensivos de Galicia hai 49 enfermos, un máis que hai un día.

maior incremento na presión produciuse na área sanitaria de Vigo. En Lugo hai un ingreso máis en planta e 5 pacientes críticos.

POSITIVIDADE

Segundo os datos facilitados este luns por Sanidade, o índice de positividade nas probas PCR (o número de casos positivos por cada 100 probas realizadas) situouse nas últimas horas no 14,8 por cento. Moi por encima do 5 por cento que a OMS fixa como limiar para dar a pandemia por controlada.

ÚLTIMAS

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...

Luz verde ambiental da Xunta ao proxecto para a construción de 1.200 vivendas no barrio Sacro Corazón

A Xunta informou este martes de que deu "luz verde ambiental" ao Proxecto de...

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...