InicioSociedadeA Xunta desprega 10 novos vehículos de control nas estradas de Lugo

A Xunta desprega 10 novos vehículos de control nas estradas de Lugo

As unidades da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) servirán para vixilancia e mellora da seguridade en 1.490 quilómetros de estradas na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020 ten por obxectivo rebaixar a 93 o número de falecidos anuais nas estradas da comunidade, o que suporía a metade de decesos en accidentes de tráfico que a comezos da década. Para tal fin, un dos obxectivos estratéxicos é acadar vías máis seguras, tarefa encomendada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI). E para iso contará con 10 novos vehículos que reforzarán a rede autonómica de tránsito e mobilidade na provincia de Lugo.

Estes medios subministrados pola Xunta de Galicia servirán para facilitar o traballo dos legoeiros, os técnicos da AXI que controlan o estado das estradas. Trátase de coches Citröen C3 de cor branca e un característico rotulado, que permitirán aos profesionais de Infraestruturas abranguer 117 vías en servizo, para un total de 1.490 quilómetros.

Precisamente, os legoeiros asumen novas funcións de vixilancia e control da explotación e conservación das estradas galegas en virtude dun acordo sindical, que recoñece a importancia deste persoal para ditos cometidos. A AXI deberá colaborar na ordenación do territorio para a escolla dos trazados máis seguros e de menor percorrido; desenvolver os novos proxectos segundo criterios de seguridade viaria; mellorar a seguridade nos accesos, nas marxes e nas propias estradas, así como para os usuarios vulnerables –peóns, ciclistas, motociclistas e persoas con mobilidade diversa–; e comprobar que a rede mantén condicións óptimas no tempo.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...