InicioComarca de MeiraMeiraA nova residencia de maiores de Meira será inaugurada este xoves

A nova residencia de maiores de Meira será inaugurada este xoves

O acto correrá ao cargo da Deputación de Lugo e o alcalde da localidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo inaugura este xoves unha nova residencia de maiores, o Centro de Atención a Maiores Santa María de Meira. Segundo informou a entidade provincial nun comunicado, asistirán á inauguración o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; e o Alcalde da localidade, Antonio de Dioss. No acto participarán ademais membros das corporacións provincial e municipal, persoal que atenderá a residencia e persoas que entrarán a vivir, ademais de veciños e veciñas.

Esta é a sétima residencia da rede provincial, posto que xa están en marcha a de Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde, Pedrafita e AFonsagrada. O centro contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose necesario. Os veciños de Meira terán prioridade de acceso á residencia, a continuación os dos municipios limítrofes e, tras eles, os do resto da provincia de Lugo.

O custo da praza adaptarase á capacidade económica de cada persoa “para que todos poidan acceder á mesma”. Os primeiros preingresos están previstos para o vindeiro venres 26.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...