InicioSociedadeLara Méndez fala dun "San Froilán case normalizado"

Lara Méndez fala dun “San Froilán case normalizado”

Di que había máis xente nalgunhas rúas que na propia zona da feira polas restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, valorou as festas patronais da cidade como “un San Froilán case normalizado, que contou con moitísima afluencia de xente” e co que “se conseguiu o gran reto” de “dinamizar a economía da cidade, máis aló dos eventos culturais”.

“Este ano buscamos esa dinamización económica, e creo que se conseguiu. Escoitaba ao presidente dos hostaleiros (Cheché Real), que falaba que en días puntuais chegouse ao 100 por cen de ocupación hoteleira pero en ningún caso baixouse do 80 por cento. Son datos relevantes que nos pon á altura de calquera outro San Froilán, nesa porcentaxe de ocupación”, resaltou.

Ao seu xuízo o “obxectivo conseguiuse”, incluso “esa parte social tan importante, pensando nos máis pequenos que volveron gozar das barracas”. En canto aos veciños, non dubida que “foi un punto de evasión, de esparexemento, que desde o punto de vista da saúde mental tamén é tremendamente necesario”.

Finalmente, destacou que “foron moitos os que se pasaron polo feiral, e moita xente pola rúa“. “Foron moitísimos (visitantes), houbo momentos en que había máis xente nunha rúa como Bispo Aguirre que puido haber no recinto feiral onde había control de aforamento e estaba limitado. Deuse o paradoxo de que había máis xente nunha rúa que no propio feiral”, concluía.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...