InicioSociedadeTres persoas morreron xa en Lugo por distraccións ao volante

Tres persoas morreron xa en Lugo por distraccións ao volante

O 37,5% dos accidentes mortais na provincia de Lugo están relacionados con descoidos ao volante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As distraccións ao volante causaron na provincia de Lugo no que vai de ano un total de 51 accidentes de circulación con vítimas nos que faleceron tres persoas.

Co obxectivo de reducir a sinistralidade asociada a descoidos ao volante a Delegación do Goberno, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil, puxeron en marcha unha campaña que conclúe o mércores 22 de setembro.

Durante as tarefas especiais de vixilancia, iniciadas o pasado 16 de setembro, a xefatura provincial de Tráfico de Lugo detectou 172 condutores que non prestaban a atención necesaria. Diso, descubertos nos máis de 6.200 vehículos controlados polos axentes, 61 facían uso do teléfono móbil mentres manexaban o seu vehículo.

Estes datos foron ofrecidos pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, en declaracións aos medios este luns, onde advertiu que este tipo de comportamentos “poden custar vidas”. E é que o 37,5% dos accidentes mortais na provincia de Lugo están relacionados con descoidos ao volante.

USO DO MÓBIL

Por iso, a campaña pretende pór o foco na importancia de manter a atención sobre a condución, especialmente á hora de non empregar o teléfono móbil mentres se está ao volante.

Segundo a Delegación do Goberno, o emprego do móbil multiplica por catro o risco de sufrir un accidente, unha cifra similar aos perigos asociados ao consumo de alcol.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...