InicioSociedadeA Deputación achega case 700.000 euros para crear un parque acuático en...

A Deputación achega case 700.000 euros para crear un parque acuático en Vilalba

O presidente provincial destacou o "importante efecto" que pode ter o parque acuático "á hora de promocionar Vilalba como destino turístico e de lecer" de carácter familiar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, asinaron este martes un convenio de colaboración pola que a institución provincial achega 682.149,60 euros ao Concello para construír un parque acuático na zona recreativa da Madalena.

O mandatario provincial destaca que, deste xeito, cúmprese o “compromiso” alcanzado co municipio e cos veciños ao achegar o 80 por cento do investimento necesario deste proxecto. A administración local achega o 20 por cento restante, outros 170.500 euros.

A firma celebrouse na propia área da Madalena, desde onde José Tomé subliñou que a Deputación fai un “esforzo económico para colaborar co Concello de Vilalba neste proxecto”.

Estamos a falar dunha cantidade que supera a partida de medio millón de euros que este concello percibe da Deputación con cargo ao ‘Plan Único’ neste ano 2021. Pero Vilalba, e esta iniciativa, ben merecen este esforzo”, explicou.

Ademais, o presidente provincial destacou o “importante efecto” que pode ter o parque acuático “á hora de promocionar Vilalba como destino turístico e de lecer” de carácter familiar.

Contará con tres piscinas: unha infantil de 0,45 metros de profundidade, unha de natación para uso deportivo de 1,55 metros de pofundidad máxima e outra recreativa de 1,20 metros. No caso do vaso infantil, compleméntase con chafarices de auga que potencien os xogos na área. Ademais, haberá tres zonas para tomar o sol.

Tamén contará cun edificio de servizos semienterrado nunha ladeira para non obstaculizar as vistas ao río. Nesta infraestrutura integraranse os cambiadores, os aseos, a sala de socorrismo, un almacén e unha zona para recepción.

+ posts

ÚLTIMAS

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na...