InicioSociedadeA área de Lugo prevé rematar a vacinación dos mozos de entre...

A área de Lugo prevé rematar a vacinación dos mozos de entre 20 e 29 anos esta semana

Feijóo dixo que "o avance cara a idades inferiores dependerá das vacinas que reciba Galicia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos preve finalizar coa inoculación das primeiras doses a mozas de entre 20 e 29 anos esta semana, a pesar de non contar aínda coa programación da vacinación, si asegurou que as primeiras doses a mozas de ata 29 anos “vanse completar practicamente”.

OBXECTIVO: MENORES VACINADOS EN SETEMBRO

Estas planificacións seguen a liña das intencións expresadas polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, este xoves na Cadena Ser, onde confirmou que “o obxectivo é conseguir, para cando empece o novo curso escolar –a mediados de setembro–, que todos os nenos susceptibles de recibir a vacina –maiores de 12 anos– poidan estar vacinados”. Así, poderíase empezar a administrar doses a este colectivo antes de que remate o mes de agosto.

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha entrevista concedida a Europa Press a semana pasada, mostrábase “cauto” respecto da vacinación dos menores e sinalaba así que “o avance cara a idades inferiores dependerá das vacinas que reciba Galicia”, pero si confirmaba que “no outono si haberá estudantes de instituto xa vacinados”.

“Que pensamos que en outubro poderiamos ter á maioría de poboación vacinada cunha ou dúas dose de 14 ou 15 anos cara arriba? Si, é o que pensamos”, revelou o presidente galego, quen, en todo caso, non se atreveu a augurar unha data para que se poida dar por feito que en Galicia haxa inmunidade de grupo (e que agora, lembrou, os expertos elevan xa “a un 90 ou 95% de inmunizados”).

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...