InicioSen categorizarSoben os novos casos e as hospitalizacións pola Covid na provincia de...

Soben os novos casos e as hospitalizacións pola Covid na provincia de Lugo

Xa son tres os pacientes ingresados en planta e hai 16 novos contaxiados por probas PDIA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 ascenden por sétima xornada consecutiva en Galicia e sitúanse en 1.673, mentres que os novos contaxios repuntan a 162, que supoñen 41 máis que a xornada anterior, e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus aumentan en global a 54, aínda que os ingresados en UCI baixan a 10 –dous menos–.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes –29 de xuño–,a presión hospitalaria aumenta  na área de Lugo. Contiúan dous pacientes Covid ingresados en UCI e aumentan a tres os que se atopan noutras unidades –un máis–

CASOS ACTIVOS EN ASCENSO

No relativo aos casos activos de Covid-19 por sétima xornada consecutiva increméntanse e sitúanse en 1.673 no conxunto de Galicia, 94 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (162) que altas (68). Por tanto, a piques de acabar xuño mantéñense en niveis da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan en 13 na de Lugo que se sitúa xa con 206 casos activos.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba mantéñense desde o pasado xoves por encima dos 120 e, tras arrincar esta semana con 123 e descender lixeiramente a 121 o día pasado, repuntan a 162, que supoñen 41 máis que a xornada anterior. Na área de lugo foron 16 os positivos confirmados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...