InicioA UlloaCase 1.800 fogares de Lugo percibiron xa o Ingreso Mínimo Vital

Case 1.800 fogares de Lugo percibiron xa o Ingreso Mínimo Vital

En Galicia superan os 13.000.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 13.224 fogares nos que viven 32.213 persoas, das que máis de 12.200 son menores, reciben xa o Ingreso Mínimo Vital (IMV), segundo o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

En concreto, segundo os datos publicados este luns polo Ministerio e consultados por Europa Press, do total de fogares beneficiarios, o 41,8 % do total (máis de 5.500) son fogares sen menores a cargo. Mentres, un 30,3 % –4.003– son fogares monoparentais e o 27,9 % restante –3.695– son outro tipo de fogares con menores.

Por provincias, a que maior número de prestacións recibiu é A Coruña, con 6.036; seguida por Pontevedra, con 3.846; Lugo, con 1.776; e Ourense, con 1.566. En canto ao número de beneficiarios, a orde non varía, coa Coruña á cabeza -14.072–; e Pontevedra –9.572–, Lugo –4.671– e Ourense –3.898– por detrás.

En canto aos beneficiados en Galicia, 9.226 son mulleres e 3.997 son homes, cuxa media de idade sitúase nos 44,75 anos. O Ingreso Mínimo Vital garante un nivel de renda mínimo, cuxo limiar varía en función do tipo de fogar contabilizando os ingresos preexistentes, se existen, con excepción das rendas mínimas das comunidades autónomas.

O limiar de renda garantida oscila entre os 470 euros ao mes (o equivalente a unha pensión non contributiva) para un fogar unipersonal e os 1.033 euros ao mes para unidades de convivencia formadas por dous adultos e tres ou máis menores ou tres adultos e dous ou máis menores ou por catro adultos e un menor.

ÁMBITO ESTATAL

No ámbito estatal, 260.206 fogares nos que viven 682.808 persoas, das que máis de 276.000 son menores, reciben xa o Ingreso Mínimo Vital. Do total de fogares beneficiarios, o 61% (máis de 160.000) conta con menores a cargo; case un de cada tres (28%), 73.301, son fogares monoparentais; e un 33% –87.403– son fogares non monoparentais con menores.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...