InicioSociedadeLugo presenta un catálogo de solucións urbanísticas contra o cambio climático

Lugo presenta un catálogo de solucións urbanísticas contra o cambio climático

Lara Méndez: "Será un referente non só en España, senón a nivel europeo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do novo concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, e o técnico e autor Jesús Martínez, presentaron un ‘catálogo de solucións ao deseño urbano GUD Lugo’, proxectado como ferramenta para combater tamén o cambio climático. Esta é unha “ferramenta” que pon en marcha o Consistorio, no marco do proxecto ‘Lugo +Biodinámico’, cuxo custo ascende a máis de 54.000 euros.

Méndez explicou que se trata “dun catálogo de solucións urbanísticas sustentables, e o que se pretende é mellorar o benestar da contorna”. Así, no documento “recóllense innovadoras solucións sustentables, nas distintas escalas de intervención urbana; rúas, barrios, urbanizacións, edificios, espazos públicos. O documento está elaborado dentro da estratexia Lugo máis biodinámico”.

“Será un referente non só en España senón tamén no ámbito europeo, porque cada unha das solucións urbanísticas que achega e inclúe son formuladas para calcular a melloría que suporá a súa aplicación en termo de emisións contaminantes, consumo enerxético ou no CO2. Esta actuación é fundamental para a Unión Europea porque loita contra o cambio climático”, detallou a rexedora lucense.

A alcaldesa de Lugo precisou que o documento inclúe 51 solucións verdes que están agrupadas por materias como a xestión da auga, a accesibiliidade, a economía circular ou transversais.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...