InicioSociedadeA Xunta fará probas "no prazo dun mes" para poder abrir o...

A Xunta fará probas “no prazo dun mes” para poder abrir o lecer nocturno no verán

Confía en que se rexistre "un verán bastante aceptable" no sector turístico e que os datos do segundo semestre do ano superen as previsións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que se avalía a posibilidade de realizar experiencias piloto “no horizonte dun mes” para abordar “con que condicións” podería permitirse a reapertura de locais de lecer nocturno “a principios de verán”.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, recollida por Europa Press, Rueda lembrou que as discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e salas de concertos e outros negocios de lecer nocturno permanecen pechados desde agosto de 2020. Así, indicou que se estuda unha posible desescalada neste sector, que, polas súas características, require dar “pasos especialmente coidadosos” para garantir a seguridade en locais.

Respecto da hostalaría, indicou que, tras o atraso do toque de queda e a ampliación do horario dos restaurantes, “o seguinte paso” pasará por estender a apertura doutros establecementos de hostalaría. Con todo, apostou por flexibilizar as restricións “aos poucos” co obxectivo de evitar un novo peche dos interiores dos locais, como se realizou noutras comunidades.

Ademais, augurou que, se a situación epidemiolóxica “segue mellorando”, o sector turístico gozará dun “verán bastante aceptable” grazas ao “enorme atractivo do Xacobeo”, para o que a flexibilización das restricións de mobilidade representaría un “impulso importante”.

Neste sentido, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo reivindicou Galicia como “un destino seguro” que lembrou que pode ofertar espazos naturais e “sen masificación”, polo que confiou en que os datos turísticos do segundo semestre de 2021 sexan “mellores do esperado”.

Precisamente, avanzou que o bono turístico #QuedamosEnGalicia21 poderá utilizarse “no prazo dun mes” e ante o esgotamento de todos os dispoñibles nun prazo de 12 horas debido a un “sorprendente” volume de solicitudes, recoñeceu que “sería planteable” ampliar os dispoñibles.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...