InicioSociedadeLuz verde para a rehabilitación do Pazo de Velarde, un dos edificios...

Luz verde para a rehabilitación do Pazo de Velarde, un dos edificios máis emblemáticos de Lugo

Establecerase un centro diocesano e unha casa da misericordia nestas instalacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo concedeulle licenza á Diocese para converter un dos edificios máis emblemáticos da cidade, o Pazo de Velarde, na céntrica Praza de Santo Domingo, nun centro diocesano e en casa de misericordia.

O plan para rehabililtar este edificio e adaptalo ao seu novo uso foi presentado hai anos pola Diocese de Lugo, pero o goberno precisou que a licenza foi concedida unha vez que chegou a autorización por parte da Dirección Xeral de Patrimonio para realizar o proxecto de control arqueolóxico, unha resposta que foi recibida o pasado 13 de xaneiro. As obras contan cun orzamento de 1.186.055 euros e serán executadas nun prazo de 30 meses.

CAPELA DO CARME

Por outra banda, o Concello de Lugo informou de que investirá 70.000 euros para rehabilitar parcialmente a Capela do Carme, co fin de protexer “as xoias que contén dos séculos XVIII e XIX”.

Trátase dun templo situado no barrio do Carme, moi preto do lugar no que conflúen os tres elementos patrimonio da Humanidade da cidade: a muralla romana, o Camiño Primitivo a Santiago e a propia Catedral.

En principio, a intervención centrarase en rehabilitar o tellado e en mellorar o illamento exterior do templo. Segundo informou o propio Concello, a Diocese de Lugo cederá o terreo situado na parte traseira do templo para “dar novos servizos e contribuír á mellora da zona”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...