InicioSociedadePiden xustiza para as vítimas das gravacións na Maruxaina: "Dá medo en...

Piden xustiza para as vítimas das gravacións na Maruxaina: “Dá medo en mans de quen estamos”

A Plataforma Feminista de Lugo protestou este martes contra o arquivo da denuncia de vídeos de mulleres ouriñando na rúa por ser "unha vergoña repugnante"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón, protestou este martes contra o arquivo da denuncia de vídeos de mulleres ouriñando na rúa durante as festas da Maruxaina de 2019 en San Cibrao (Cervo) por ser “unha vergoña repugnante”.

As vítimas de ditos vídeos gravados de maneira oculta denunciaron ante a Xustiza a súa difusión tras comprobar que tamén se subiron esas imaxes de 87 mulleres a unha páxina de pago de contido pornográfico. O titular do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro ditou un auto a mediados de marzo no que sobreseía provisionalmente o caso porque non considera “suficientemente acreditado que se cometeu un delito”.

A portavoz da Plataforma Feminista cualificou o arquivo desta causa como “unha vergoña repugnante”. “É que dá medo en mans de quen estamos”, protestou. Torrón afeou que “logo encima queren que as mulleres” denuncien, para seguidamente preguntarse, “para que, se ata os dereitos máis básicos como é o dereito á intimidade se violan reiteradamente e aquí non pasa nada”. “Que exemplo e que mensaxe se dá desde a Xustiza”, lamentou.

Por parte da Plataforma Feminista expresan o seu “apoio incondicional” ao colectivo Xustiza Maruxaina, que denunciou os feitos e programou unha manifestación multitudinaria o pasado domingo en San Cibrao para protestar por este arquivo xudicial.

PREMEDITADO

Ana Torrón aferrouse a que “o tema é delicado” e lembrou que estas gravacións se producen “con cámaras sofisticadísimas que están postas de tal maneira que son profesionais”. “Fóronas a pór a unha rúa que todo o mundo coñece, da que fan uso tanto homes como mulleres. Isto está absolutamente estudado, en plan profesional”, remarca.

Finalmente manifestou que “se isto non é un agravio, que é un agravio entón?, encima gravan a estas mulleres véndoselles as caras, en cambio os homes non aparece ningún o que é unha cousa curiosa”, conclúe a portavoz deste colectivo feminista de Lugo.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...