InicioSociedadeReclaman que se recupere a atención médica de forma presencial

Reclaman que se recupere a atención médica de forma presencial

A Federación Veciñal de Lugo insiste na súa petición para evitar un "intento de privatización" do sistema a raíz da actual situación de pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo compartiu un escrito no que reclama a recuperación paulatina da atención médica de forma presencial na área sanitaria de Lugo.

A atención médica continúa sendo “semipresencial” na provincia de Lugo e, “na maioría dos casos, é atención telefónica sen a presencia do paciente”. “Isto non é de recibo”, critican, “xa que mentres a sociedade é atendida de forma presencial en case todos os organismos públicos, no sistema empresarial ou no ensino, inténtanos coar a idea de que o risco non permite a atención personalizada no sistema sanitario”.

Se ben entenden que esta medida era precisa, coidan que non se pode estender no tempo de forma continuada nin moito menos aproveitar para “privatizar” o sistema, un dos puntos no que máis insisten.

Así pois, esixen “de forma inmediata” que se retomen as consultas presenciais agás para as renovacións de receitas ou para aqueles casos nos que así sexa solciitado expresamente polo paciente. Do mesmo xeito, tamén piden recuperar “dunha vez” as asistencias de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional e educación para a saúde. Por último, reclaman “atención presencial en todos os centros de saúde os sábados en xornada de mañá” e tachan de “inaceptable” a actitude do xerente da área lucense no que respecta a este asunto.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...