Home Lugo e contorna Lugo San Xiao de Mos, en Castro: de case 1.700 leiras a 435 tras concluír a concentración parcelaria

San Xiao de Mos, en Castro: de case 1.700 leiras a 435 tras concluír a concentración parcelaria

0
San Xiao de Mos, en Castro: de case 1.700 leiras a 435 tras concluír a concentración parcelaria
Vista aérea dunha concentración parcelaria / Campo Galego - Arquivo

A Consellería de Medio Rural deu por finalizada a concentración parcelaria de San Xiao de Mos, no municipio Castro de Rei, coa entrega de 435 títulos a máis de 260 veciños.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou que a reorganización desta zona permitiu pasar de 1.687 a 435 leiras. De tal forma, cada parcela aumenta de media de 2.600 a 10.000 metros cadrados.

O Goberno galego investiu máis de 1,5 millóns de euros neste proceso de reestruturación parcelaria levado a cabo no municipio lucense.

O conselleiro subliña o obxectivo de “axilizar” estes procesos, despois das últimas entregas de títulos en municipios como Touro, Coristanco, Riotorto e Baltar, á vez que se prevé iniciar novos procesos.

+ posts