InicioSociedadeA lei da Xunta que pon "en perigo" os montes en man...

A lei da Xunta que pon “en perigo” os montes en man común e a autoridade dos comuneiros

Diversos colectivos alertan sobre as modificacións que a Lei de Simplificación Administrativa pode traer en canto o uso deses montes. O temor a que intereses privados primen sobre os dereitos das comunidades de montes fai pensar en manobras para a ocupación de terreos que suman entre 600.000 e 700.000 hectáreas en toda Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación Económica , unha iniciativa do PP, prendeu as alarmas entre diferentes sectores e profesionais que defenden a figura do monte en man común. Dentro do articulado desta lei (9/2021) o seu artigo 53 Concorrencia de utilidade ou interese públicos con montes veciñais en man común, dentro do seu punto 1 outorga a quen promova un proxecto dentro dun monte veciñal unha “autoridade” tamén ostentada pola Xunta como é a de dar o visto bo ás avaliacións que realicen os e as comuneiras partícipes do monte.

 PREVALENCIA DO MONTE EN PERIGO

“Mesmo durante o franquismo se respectou esta figura creando o Acto de Prevalencia do monte en man común” que lle outorgaba unha certa protección ante posibles accións contra estes espazos comunados. A prevalencia do monte podía verse superada por proxectos considerados de maior prevalencia como infraestruturas estatais. “Coa lei de simplificación pérdense dereitos recollidos polas comunidades en canto se declara un proxecto de utilidade pública que pode acabar en expropiación”, di Xosé Santos da asociación Amigos das Árbores.

Queren saltar un proceso democrático como é que os comuneiros dean a súa aprobación ou non a un proxecto” di José Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM). “Agora temos 15 días para presentar alegacións ao promotor dun proxecto que afecta ao monte, se non lle interesan as alegacións seguirá para adiante”. O que ORGACCMM ve nisto é a perda do Dereito de Prevalencia do monte común.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...