InicioSociedadeO Colexio de Avogados de Lugo pide que os fiscais acudan presencialmente...

O Colexio de Avogados de Lugo pide que os fiscais acudan presencialmente aos xuízos

Consideran que a intervención por videoconferencia non sempre permite "cumprir coas garantías que debe ter todo procedemento penal".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, demandou a presenza dos fiscais nas salas, sobre todo nos xuízos da xurisdición penal, dado que agora a súa presenza está limitada, en moitas ocasións, a entradas por “videconferencia”.

Ademais, en declaracións este xoves, sinalou que se producen “moitas faltas” nas videoconferencias, en especial se son múltiples, o que, segundo Mondelo, deriva nunha “situación de indefensión e, por tanto, non se cumpren as garantías que debe de ter todo procedemento penal”.

“Xa diriximos un escrito ao fiscal xefe (de Lugo) solicitando que os fiscais comparezan nas vistas como facemos os avogados, xuíces e as partes, porque aos xulgados do penal apenas acoden”, apuntou. Mondelo asegurou que estas queixas non só proceden dos avogados, senón que tamén os xuíces do Penal advirten “dalgún tipo de falta neste procedemento”.

O decano advertiu que teñen “constatado” que “Lugo é a única provincia en que esta situación era xeneralizada, porque noutras partes de Galicia os fiscais acoden aos xuízos”.

“Aquí a fiscalía ten a 30 metros o xulgado. Parécenos inconcibible que non estean presentes”, engadiu, antes de recoñecer que “está claro” que a postura das fiscalías está “amparada pola legalidade”, que deixa “a criterio” de cada un se acoden ou non ás vistas.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...