InicioSociedadeLixeira repunta de casos e contaxios na provincia de Lugo

Lixeira repunta de casos e contaxios na provincia de Lugo

Estabilidade na presión hospitalaria, con 11 pacientes en planta e 2 na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistar este xoves 25 de marzo unha leve repunta de casos activos de coronavirus (185, tres máis ca onte) e de contaxios detectados nas últimas 24 horas a través de PCR (8).

Porén, non se aprecian cambios na situación hospitalaria ao manterse a cifra de 13 persoas ingresadas: 2 na Uci do Hula e 11 en planta (9 no Hula, 1 na Mariña, outra en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, o Sergas notificou 211 vítimas mortais na área lucense, 11.578 persoas curadas e 202.328 probas PCR realizadas.

GALICIA

No conxunto da comunidade galega, continúa o aumento de contaxios ás portas da Semana Santa. Os novos positivos de Covid-19 subiron a 162, case unha trintena máis que a xornada anterior, mentres que a presión hospitalaria segue coa tendencia descendente e baixan a 223 os pacientes ingresados. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O pleno da Deputación esixe á Xunta rectificar a reforma da residencia das Gándaras

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes esixir á Xunta que rectifique...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

O PP denuncia diante da Garda Civil o ataque contra o busto de Fraga en Vilalba

O PP de Vilalba formalizou ante a Garda Civil denuncia polo ataque que sufriu...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...