InicioSociedadeSanidade descarta por agora empregar o Pazo dos Deportes para a vacinación...

Sanidade descarta por agora empregar o Pazo dos Deportes para a vacinación masiva

O delegado da Xunta en Lugo explicou que "en principio" as instalacións hospitalarias e sanitarias eran suficientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta descarta, polo momento, empregar o Pazo Universitario de Lugo para vacinacións masivas contra a covid-19, unha infraestrutura que foi ofrecida pola Deputación provincial.

O deputado de deportes, o nacionalista Efrén Castro, sinalou que mantivo unha “reunión cordial” co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para ofrecer esta instalación, aínda que o representante do Goberno galego trasladoulle que “en principio as instalacións hospitalarias e sanitarias da provincia eran suficientes para as vacinacións”.

A pesar desta decisión, o deputado de deportes mantén “a oferta, que se fixo extensiva a calquera espazo ou colaboración que necesiten da Deputación” para este proceso. “Nunha cousa tan importante como as vacinacións, nesta pandemia, as administracións temos que tendernos a man máis aló de cores políticas, esta oferta do Pazo ou calquera outra cousa que poidan necesitar de nós”, resolveu.

Efrén Castro precisou que desde o Goberno galego transmitíronlles que “polo número de vacinas que teñen, chegáballes coas instalacións sanitarias”. “Respectámolo e seguimos coa man tendida para colaborar”, concluíu o deputado.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...