InicioSociedadeLugo contará cunha unidade poscovid para atender as secuelas das persoas contaxiadas

Lugo contará cunha unidade poscovid para atender as secuelas das persoas contaxiadas

Estas unidades darán soporte aos profesionais de atención primaria nunha relación de coordinación que quedará definida en tres criterios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a posta en marcha dunha unidade multidisciplinar en cada unha das sete áreas sanitarias para proporcionar atención e recuperación de calidade a todos os afectados pola covid-19.

Estas unidades, das que xa está en funcionamento unha na área de Vigo mentres que o resto empezarán a funcionar este mesmo mes, estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas, nas que o núcleo duro estará formado por especialistas en medicina interna, pneumoloxía e enfermaría con función de xestión de casos e consulta de coidados específicos.

En relación ao seu funcionamento, o titular do Goberno galego explicou que, no caso dos pacientes ingresados, unha vez que reciban o alta serán chamados no prazo de sete días para realizar unha primeira valoración clínica post-alta e concretar unha cita hospitalaria. No caso dos que non requiriron ingreso, deberán pedir cita no seu médico de familia se padecen sintomatoloxía persistente.

Neste sentido, lembrou que en Galicia 115.000 persoas padeceron a enfermidade e, delas, nunha de cada 10 os síntomas poderían prolongarse no tempo máis de 12 semanas, de acordo coa evidencia científica actual.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O pleno da Deputación esixe á Xunta rectificar a reforma da residencia das Gándaras

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes esixir á Xunta que rectifique...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

Os GES toman Lugo para esixir recoñecemento laboral e ameazan con folga se non hai solución

Bombeiros dos corpos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) concentráronse este martes ante a...

O PP provincial acusa a Carmela López de manter “as imposicións” de Tomé sobre os traballadores de Tragsa

Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade...