InicioSociedadeLara Méndez dá positivo en Covid-19

Lara Méndez dá positivo en Covid-19

A alcaldesa de Lugo teletraballará dende o seu domicilio durante a obrigada corentena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, empezou este mércores un período de corentena tras dar positivo en Covid-19.

Segundo informa o Consistorio, a rexedora séntese ben fisicamente, aínda que con síntomas de cansazo. Permanecerá no seu domicilio confinada e dende alí exercerá o seu labor a través do teletraballo.

Desde a área de Alcaldía remitiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a axenda institucional dos últimos días para que poida realizar o seguimento e decidir os pasos que se dan.

En clave de partido, un dos actos nos que participou nos últimos días Lara Méndez é o evento de igualdade organizado o sábado polo PSdeG, ao que acudiron varias dirixentes socialistas e tamén o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero.

+ posts

ÚLTIMAS

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...