InicioSociedadeDous concellos de Lugo terán restricións máximas a partir do venres

Dous concellos de Lugo terán restricións máximas a partir do venres

Trátase de Paradela e A Pobra do Brollón. Guitiriz terá nivel alto.

PUBLICADA O

Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures terán a partir do venres restricións de nivel máximo.  Isto implica que só poderán moverse nos límites do concello e limitar as relacións persoais aos convivintes. A hostalaría e comercio permanecerán pechados.
Así o decretou o Comité Clínico reunido este martes que tamén anunciou que outros 13 concellos estarán no grupo de restricións de nivel alto. Neste nivel alto de restricións quedarán os concellos de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado.
Segundo informou o Sergas nun comunicado, o resto dos concellos galegos quedan en nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 12 de marzo.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...