InicioSociedadeRedúcese a carga hospitalaria en Lugo, con menos pacientes en planta e...

Redúcese a carga hospitalaria en Lugo, con menos pacientes en planta e nas Uci

O Sergas informa de 282 casos activos (22 menos) e de 13 novos positivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo mantén a tendencia de descenso nos casos activos por coronavirushoxe rexístranse 282, 22 menos ca no día de onte. O número de positivos detectados nas últimas 24 horas tamén continúa baixo: foron 13.

O dato máis favorable extráese da melloría nos hospitais, que ven reducida a súa presión asistencial ao pasar dos 33 ingresos de onte aos 28 de hoxe (-5). Deles, 22 están en planta (14 no Hula, 2 na Mariña, 6 en Monforte) e outros 6 permanecen na unidade de críticos do hospital da capital lucense.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 208 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.308 e realizáronse 192.364 probas PCR.

GALICIA

Os datos para o conxunto galego amosan un descenso significativo das hospitalizacións (369, o que son 29 menos ca na xornada anterior), mais tamén unha repunta dos contaxios confirmados nas últimas 24 horas (152). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...