InicioSociedadeTrinta persoas ingresadas en Lugo ao reducirse en tres os pacientes da...

Trinta persoas ingresadas en Lugo ao reducirse en tres os pacientes da Uci

Galicia baixa dos 4.000 casos activos, a cifra máis baixa dende principios de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus segue á baixa na sanitaria de Lugo, que este sábado rexistra 339 pacientes con infección activa (34 menos ca onte). Tamén os novos positivos volven diminuír, ao confirmarse tan só sete diagnósticos nas últimas 24 horas.

Nos hospitais tamén se aprecia unha evolución favorable: as Uci teñen tres doentes de Covid-19 menos e, en total, hai 30 persoas ingresadas (20 en planta e 10 en unidades de críticos). Aumenta a presión do Hospital de Monforte, que pasa de catro a seis pacientes hospitalizados, mentres que o Hospital da Mariña segue libre de casos de coronavirus por cuarto día consecutivo.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.217 e realizáronse 191.012 probas PCR (561 onte).

GALICIA

Pola súa parte, a comunidade galega baixa da barreira dos 4.000 casos activos, a cifra máis baixa que se notificou dende primeiros de setembro. Asemade, diminúen os novos positivos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba denuncia a falta de avances en solucións para a estación de autobuses

O Concello de Vilalba volve reclamar unha solución efectiva e inmediata para a estación...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...